A Xunta e a Radio Galega convocan o VII Concurso de Podcasts Radio na Biblio

04 Marzo 2025

A Xunta, en colaboración coa Radio Galega, vén de convocar o VII Concurso de Podcasts – Radio na Biblio, que nesta edición está dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, ás que se lle rende homenaxe co gallo do Día das Letras Galegas 2025.

O obxectivo deste certame é “estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos en galego, reforzar o coñecemento da poesía alén da escrita e o seu carácter colectivo, a relación entre a literatura e a música, o papel das mulleres como creadoras e a importancia das cantigas galegas como tradición viva da poesía popular oral a través de novas manifestacións”.

Poderán participar neste concurso os 220 centros públicos que forman parte do programa Radio na Biblio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP, así como outros centros que traballan co laboratorio de radio como ferramenta pedagóxica. Teñen de prazo ata o 20 de marzo para poder presentar a súas propostas.

O certame enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) das Bibliotecas Escolares, mediante o cal a Xunta reforza a formación do alumnado e o seu acceso aos medios de comunicación con propostas que promovan o coñecemento e un uso responsable da información en múltiples formatos.

O certame consta de oito modalidades, segundo o nivel do ensino: Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria, 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO, 3º e 4º de ESO, Bacharelato e alumnado doutras ensinanzas como persoas adultas ou ciclos formativos. Cada centro pode presentar un podcast por modalidade ata un máximo de tres traballos, todos eles en lingua galega, cunha duración de entre tres e cinco minutos. O arquivo sonoro, en formato MP3 ou WAV, pode ser unha entrevista, unha cuña publicitaria, un espazo de noticias, un faladoiro, un recital, un debate ou un programa monográfico, entre outros.

En canto ao contido, poderá versar sobre aspectos bio-bibliográficos das mulleres homenaxeadas, a importancia e representación das cantigas populares, a relación entre a literatura e a música e a muller na literatura galega ou as mulleres nas Letras Galegas.

A ravés destes traballos, homenaxéase a Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar –as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños) falecidas hai máis dunha década–, e rememórase á literatura de base popular, sempre unida á música como tesouro patrimonial colectivo.

O xurado seleccionará un podcast por modalidade, que recibirá unha asignación extraordinaria de 1.250€ para melloras no laboratorio/emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento deste laboratorio de radio, sempre vinculado á biblioteca do centro. Os traballos premiados serán emitidos por Radio Galega e serán difundidos a través da súa páxina web e da canle dixital do Diario Cultural.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.