Os partidos consensuarán cando se retoman as eleccións autonómicas

17 Marzo 2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que se acadou un “principio de acordo” no que respecta ao decreto polo que quedarán suspendidas as eleccións autonómicas convocadas para o 5 de abril, contando co respaldo das principais forzas políticas.

Neste senso, buscarase o “consenso” para a nova data electoral, o cal recollerá o propio decreto, incluíndo que o presidente autonómico “oirá” ás formacións políticas para concretar a nova cita coas urnas, reactivándose baixo a premisa de que estean levantados o Estado de alarma a nivel estatal e a emerxencia sanitaria en Galicia.

A decisión da convocatoria recaerá en Feijóo, tal e como actualmente faculta o Estatuto de Autonomía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.