“Españois saharauis nacidos antes de 1976, non son recoñecidos coma nacionais de España”. (I) Antón Luaces

02 Marzo 2025

A inmensa maioría dos habitantes do Sáhara Occidental durante a administración española deste territorio africano carecen do recoñecemento que, antes do ano 1976, se lles outorgaba como cidadáns españois. Foi a promulgación do Real Decreto 2258/1976, sobre o outorgamento de tal concesión aos naturais do Sáhara, a que impide que os saharauis poidan acollerse a esa opción á que moitos deles recorren dende vai anos por consideraren que é o seu dereito por teren nacido nun país (Sáhara Occidental) que formaba parte do Estado español.

O Congreso dos Deputados de España debatiu recentemente a toma en consideración dunha proposición de lei presentada por SUMAR sobre a concesión da nacionalidade aos saharauis nados antes de 1976, actualmente uns apátridas por ter perdido o seu dereito á españolidade en virtude dunha decisión política que impide a milleiros de saharauis dispor dese mecanismo do que outros dos seus concidadáns sí desfrutan.

Agora, unha plataforma de militantes, simpatizantes e dirixentes socialistas esixen a Pedro Sánchez -na súa condición de presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE- que rectifique a súa política de votar en contra da proposición de lei presentada para lles conceder a  nacionalidade española aos saharauis.

A iniciativa “Socialistas polo Sáhara”, constituida vai tres anos, após o xiro do Executivo no contencioso do Sáhara e o seu aliñamento nas teses de Marrocos, reclaman do PSOE que “reconsidere a súa posición sobre a concesión da nacionalidade española aos saharauis  nacidos antes de 1976 e se sumen a un acto de reparación histórica cos saharauis privados da nacionalidade española”.

Esta iniciativa tenta corrixir a situación de apátridas que afecta a milleiros de saharauis nados antes da retirada de España en 1976 daquel territorio, motivo polo que perderon a seu dereito á  nacionalidade española no contexto de guerra e ocupación por Marrocos e Mauritania do que España sacou moito máis que pesca e sulfatos e que debe asumir a súa responsabilidade no proceso de descolonización non rematado do Sáhara Occidental.

Non  concordan coa postura adoptada polo Grupo Parlamentario Socialista na votación celebrada no Congreso dos Deputados porque a lei perpetúa a inxustiza que padecen os saharauis que foron cidadáns españois e que por unha decisión arbitraria foron  desposuidos da súa nacionalidade após a retirada de España do Sáhara Occidental

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.