O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para financiar os gastos do persoal de deportes

27 Febreiro 2025

O Concello de Boiro recibiu da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 15.000 euros para financiar os gastos do persoal técnico do departamento municipal de Deportes durante o ano 2024. Segundo explicaron fontes do Goberno local, a finalidade desta subvención recibida é “axudar a sufragar os gastos derivados da contratación do persoal do departamento municipal de Deportes que se encarga de coordinar as actividades deportivas e de dinamización do deporte no municipio, elaborar proxectos de animación sociodeportiva, supervisar a posta a punto de instalacións e medios ou programar actividades físico-deportivas, entre outros cometidos”.

O Concello lembrou tamén que “Boiro conta cun importante tecido deportivo, con clubs de distintas modalidades e en diversas categorías” e que ademais do apoio aos clubs para a práctica deportiva, a Administración local conta con programas específicos como son as Escolas Deportivas Municipais e Veráns Deportivos, así como a organización de actividades de promoción do deporte como a Carreira Popular Mar de Boiro, a Festa da Bici ou a colaboración con clubs deportivos para o desenvolvemento de probas e campionatos.

O Departamento de Deportes do Concello de Boiro está situado no Edificio das Colonias de Praia Xardín e presta servizo de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e luns a xoves 16.00 a 19.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.