O vindeiro venres 14 de marzo a compañía Malasombra Teatro vai facer unha recalada en Rianxo para representar a súa función De algo hai que morrer, unha conferencia fúnebre-cómico-teatral na que dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: a morte. Será o venres 14 de marzo ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo (Sala Arcos Moldes).

A entrada será de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Público recomendado: maiores de 14 anos. Duración: 65′.
Proposta pertencente ao programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.
Dirixida por Marcos Orsi e protagonizada por Xoque Carbajal e Jouse García, De algo hai que morrer baséase nun diálogo fúnebre, cómico e teatral entre os dous protagonistas, que dan vida aos profesores Jeckill e Hyde, que representarán en clave humorística distintas circunstancias en torno á morte, dende como desfacerse dun cadáver até posíbeis melloras nas formas de morrer ou o funcionamento da axencia de colocación de defuntos.
Actores: Jouse García e Xoque Carbajal
Autor: Jose Prieto
Director: Marcos Orsi
Vestiario: La Canalla
Escenografía: Xoque Carbajal
Iluminación: Xoque Carbajal
Produción: Patricia Rodríguez
Deseño gráfico: Miguel Carbajal Touceda
Vídeo: Pepe Castro
Montaxe de son: Chema Gómez Otero e Pepe Castro



