Rescatada unha persoa maior tras caer na súa vivenda sita na avenida de Barraña, no concello de Boiro

16 Febreiro 2025

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro interviron a pasada madrugada no rescate dunha persoa maior maior que caera na súa vivenda sita na avenida de Barraña, no concello de Boiro.

O aviso do incidente recibírono ás 3:02 horas por parte do 112 Galicia, momento no que se achegaron ata a vivenda. Ao non recibir resposta da persoa que estaba no interior, acceden cunha escada manual articulada por un patio interior ata a terraza do segundo andar para así baixar ata o primeiro, que contaba cunha ventá cuberta por unha reixa metálica.  Tras acceder a unha terraza cuberta e despois de romper parte das portas que dan acceso á cociña da vivenda da vítima, un home maior, logran entrar no piso e abrir a porta principal do mesmo. A vítima caera na súa habitación e non podía moverse pero estaba consciente e orientada.

Participaron persoal do 061 e tamén a Garda Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.