O Goberno de Outes avanza a primeira vivenda social municipal

14 Febreiro 2025

Na mañá deste venres 14 de febreiro o Goberno local de Outes pasou revista á que será a primeira vivenda social municipal do concello.

Segundo explicaron os responsábeis do Executivo, esta actuación na vivenda do mestre da unitaria do Bosque foi financiada a través dunha subvención da Xunta de Galicia aprobada no 2022 co dobre obxectivo de manter e arranxar un inmóbel que “xa era propiedade do Concello” e que se prepara para o seu alugueiro á veciñanza máis nova ou que, obxectivamente, teña máis necesidade económica e a imposibilidade de ter unha vivenda.

O investimento total foi de 83.659,40€.

Neste mesmo sentido, o Goberno local deixou solicitada unha subvención para unha actuación semellante na vivenda do mestre da unitaria da Barriera, en Tarás.

O Concello explicou tamén que a ordenanza aprobada hai uns meses pola Corporación local porá a disposición esta vivenda nun futuro próximo con condicións claras e de xeito temporal sendo a duración do arrendamento de dous anos nun máximo prorrogábel de catro co obxectivo de, “cun prezo moi económico”, dar unha oportunidade de prosperidade ás familias ou persoas que a soliciten. “O Concello avanza, deste xeito, no mantemento de infraestruturas xa existentes abrindo un novo servizo moi necesario no noso concello”, explicaron o alcalde e o tenente de alcalde de Outes, Manolo González e Anxo Núñez.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.