O Concello de Dodro organiza unha excursión a Manzaneda este sábado 15 de febreiro

10 Febreiro 2025

Tendo en conta a previsión para estes días de febreiro da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), unha previsión que indica a permanencia do inverno até ben entrado o mes (con entradas continuas de masas de aire frío ao longo desta semana e todo parece indicar que tamén ao longo da seguinte, o que garantirá a presenza de neve nos cumios das montañas e noutras zonas), o Concello de Dodro organizou unha excursión á Estación de Montaña de Manzaneda, en Ourense, para a vindeira fin de semana: o sábado 15 de febreiro. O Concello explica que “aquelas persoas que queiran desfrutar da neve ou practicar esquí poden inscribirse no Departamento de Deportes (981 802 532)”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.