O PSOE e o BNG de Muros acordan na xunta de goberno arranxar o Pavillón Xosé Lago e o Parque de Ventín

07 Febreiro 2025

O PSdeG-PSOE e o BNG de Muros acordaron na xunta de goberno arranxar o Pavillón Xosé Lago e o Parque de Ventín e licitar o mantemento de parques e xardíns, entre outros investimentos.

Os dous grupos políticos que forman o Goberno municipal pactaron destinar a estas actuacións unha cantidade similar aos 671.571,49€ do POS+ da Deputación da Coruña que serán dedicados a gastos correntes segundo se aprobou no pleno.

Ademais do arranxo da cuberta do pavillón Xosé Lago, en Esteiro, e o arranxo do parque de Ventín, en Abelleira, tamén se acordaron investimentos no saneamento en Vistavós, Torea.

Así mesmo, decidiuse proceder á licitación do servizo de mantemento de parques e xardíns, os servizos de apoio para os departamentos de Cultura e Deporte, e a poda en altura dos colexios de Educación Primaria e Infantil do municipio.

Este acordo foi asinado por Caridad González Cerviño e María Lago Lestón como voceiras dos grupos municipais do PSdeG e do BNG respectivamente.

“Dende o PSdeG-PSOE de Muros queremos que quede clara a nosa intención de comunicar á veciñanza o compromiso adquirido respecto destes investimentos”, sinala González Cerviño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.