O PP critica ao Goberno de Ribeira por “perder a primeira anualidade da subvención de repotenciación para o Polígono”

28 Xaneiro 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribeira emitiu unha valoración crítica do pleno da Corporación celebrado este luns, no que se constatou, sostivo o Grupo, que “as actitudes e as faltas de respecto na sesión convertéronse na tónica habitual do Goberno”. Engadiron que “estamos ante un comportamento habitual entre os membros do tripartito que lonxe de tomarse os asuntos con seriedade dá mostras continuas de desprezos fronte ao que debe ser o deber da gobernanza nun ambiente construtivo e non hostil”.

María Sampedro nunha foto de arquivo do pleno de Ribeira

Modificación da ordenanza do aparcamento do centenario

O PP apoiou esta iniciativa, mais fixo constar que de novo “redáctanse os documentos se saber como se van a executar fronte a unha modificación que vén pouco despois de aprobar a ordenanza pola falta de comunicación cos axentes implicados”.

Adscrición do inmóbel da UCA

A voceira popular María Sampedro dixo apoiar a iniciativa porque “todas as xestións previas a esta foron levadas a cabo polo anterior goberno en aras de mellorar a calidade do edificio e polo tanto dun servizo que conta cuns profesionais de primeira categoría”. Mais, dixo, “non podemos esquecer que a TGSS solicita ao concello iniciar o trámite o 29 de xaneiro de 2024, un ano para mover un papel, agora entendemos moitas cousas do que pasa neste concello e o cabreo de tantos ribeirenses”, dixo.

Aprobación da delegación na deputación da Coruña da Inspección do Imposto sobre a Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) na Deputación da Coruña

A concelleira popular Ana Barreiro dixo que o “Concello tivo tempo para facer unha oferta de emprego público e dotar de medios propios este servizo de competencia local e potestativo” e sostivo que “delegan na Deputación a que se levará canto menos o 5% do que recade logo de comprobar se as obras están feitas como declara os solicitantes”. Tamén criticou a “intención recadatoria da medida que pon o foco naqueles que compren e presentan os súas licencias e deixa impunes aos que non o fan”.

Aprobación do proxecto do río Saiñas

A concelleira Juana Brión puxo en valor “a consecución dos fondos Next Generation que o anterior goberno xestionou”, neste caso para poñer en marcha o Plan de Sostibilidade Turísitica onde, segundo dixo, “incluíase como unha das accións a recuperación e posta en valor deste sendeiro que pasa polo río Saíñas e que mellorará un entorno único natural e patrimonialmente”.

Recuperación dos bancos marisqueiros

Sampedro reprochou ao concelleiro Fernando Abraldes que “nada fixo dende a súa delegación municipal máis que prometer 180,000 euros en semente para as tres confrarías do municipio que nunca chegaron”. Sinalou que “na ciencia e na investigación está a solución para reverter a situación da baixada da produción dos bancos marisqueiros” e solicitou que “se convoque á maior brevidade o Consello Local de Pesca para buscar iniciativas conxuntas con vistas a acceder a axudas ou para promover proxectos de investigación cos pósitos locais a través de Redemar”. Tamén reclamou coñecer as liñas de traballo que se levan a cabo dende a Concellería de Mar, “descoñecidas ata a data”, dixo.

Proposta de auditar o servizo de Alumeado Público no Concello de Ribeira

A concelleira Ana Barreiro presentou esta iniciativa dando voz, dixo, “ás numerosas queixas que lles fan chegar por parte da veciñanza”. Engadiu que “tendo en conta o prego de prescricións técnicas e seguindo o mesmo, solicitase que se faga unha auditoría para detectar e avaliar posíbeis eivas a hora de redactar o seguinte prego co afán de mellora do servizo do alumeado tanto no centro urbano como nas parroquias punto por punto”. Ademais de ver o estado actual das luminarias, estado das pantallas, báculos e centros de mando así como o seu xeoposicionamento.

Posta en valor do inmóbel de Conservas Cerqueira

No último punto da orde do día, Sampedro propuxo iniciar as xestión con Costas e coa propiedade para “recuperar o edificio de Conservas Cerqueira que se atopa no corazón de Bandourrío” e que “servirá para revitalizar e para dar servizo como espazo multiusos de carácter social e deportivo no centro do municipio a toda a veciñanza protexendo así un ben cun valor patrimonial industrial incalculábel”.

Ante as críticas recibidas polo tripartito pola marcha de Cerqueira ante a falta de solo industrial, a voceira popular sinalou que “hai que ter moi pouca vergonza para vir aquí a dar leccións de solo industrial cando acaban de perder a primeira anualidade da subvención de repotenciación que tiñan concedida para poñer en marcha o proxecto do novo polígono industrial” e engadiu “que se as xestións de Cerqueira depende dunha subvención, como alegou Herminia Pouso, imos apañados coa efectividade deste goberno”.

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.