Chuvascos acompañados de sarabia e situación moi complicada no mar con ondas por riba dos 8 metros
Galicia continuará baixo a influencia dunha profunda borrasca situada ao oeste de Irlanda, que traerá consigo sucesivas frontes de inestabilidade ao longo da xornada. Agárdase un día marcado por ceos maioritariamente cubertos e chuvascos localmente intensos que poderían vir acompañados de tormentas e sarabia.
As condicións meteorolóxicas empeorarán a medida que avance o día, destacando un descenso progresivo da cota de neve ata os 700 metros cara á noite. Nas zonas montañosas, como Os Ancares, A Fonsagrada, O Courel, Terra de Trives, Valdeorras e Viana, prevese que se acumulen máis de 10 cm de neve, especialmente nos puntos de maior altitude.
As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, contribuíndo á aparición de condicións invernais severas en boa parte do interior. Ademais, o vento soprará con forza desde o oeste, con refachos moi fortes en moitas áreas. No mar, a situación tamén será complicada, con ondas que superarán os 7 metros de altura, especialmente nas zonas máis expostas da costa.
Recoméndase extremar as precaucións ante as adversas condicións meteorolóxicas, especialmente nas estradas das zonas montañosas, onde a neve e o xeo poderían dificultar a circulación. As autoridades tamén piden atención ás posibles incidencias relacionadas co vento e o mar en toda a comunidade.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 7 á tarde e 6 a 8 á noite. Media vaga. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros á mañá, 6 a 8 metros á tarde e 7 a 9 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



