Rianxo acolle este venres a presentación do libro que xunta a correspondencia entre Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo

21 Xaneiro 2025

No marco da programación dos Actos Castelao 2025, que conmemoran a figura do ilustre rianxeiro e especificamente o 75 cabodano do seu pasamento, o vindeiro venres 24 terá lugar no salón de actos do Auditorio Municipal de Rianxo a presentación do libro Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979) editado por Xosé Luís Axeitos e publicado pola Editorial Renacimiento.

Ficha do libro

Esta correspondencia é unha conversa entre dous perdedores da guerra, dous vencidos que loitan por dar sentido as súas vidas. Atópanse en Bos Aires, cidade á que chegara no ano 1936 como exiliado Luís Seoane, que sempre loitará por un regreso imposíbel a Galicia. Isaac Díaz Pardo recala na capital arxentina vinte anos máis tarde fuxindo da Galicia do silencio e da desmemoria do franquismo. Iniciarase así un encontro que se propoñerá como obxectivo común recuperar a dignidade dun pobo tamén derrotado. Para iso emprenden a máis utópica das empresas: poñer ao dispor das súas ideas restauradoras e recuperadoras un complexo industrial de cerámica, O Castro e Sargadelos, símbolo dunha nova Galicia. Isaac abandona unha prometedora carreira artística para mergullarse no barro da loita industrial e capitalista; pola súa banda, Seoane porase ao servizo do complexo empresarial do seu amigo, que vai medrando con moitas dificultades, o seu talento creador e as súas ideas rexeneradoras. Dous papeis desiguais que se anoan mediante unha amizade fraternal que pasará con éxito numerosos debates e discusións que van cimentando unha ética social de valor universal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.