A Xunta destaca a aposta de Ecoplas pola innovación

10 Marzo 2020
Cedida

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá na Pobra do Caramiñal a empresa Ecoplas Barbanza, onde destacou a aposta desta compañía pola innovación para diversificar e optimizar a súa produción e chegar a novos mercados.

Ecoplas Barbanza naceu no 2006 dedicada á fabricación de mallas extruídas destinadas principalmente ao cultivo e envasado de marisco. Na actualidade desenvolve tamén produtos destinados á agricultura ou ao envasado de produtos hortofrutícolas, posicionándose no mercado europeo, exportando a países coma Francia, Italia, Alemaña, Grecia, Portugal, Reino Unido, Turquía e Croacia. Actualmente, no marco do programa Innova Peme 2019, está a desenvolver un plan de innovación que lle permitirá innovar na organización e optimizar o proceso de produción, avanzar na homologación de produtos BIO e conseguir chegar a máis mercados internacionais.

Cedida

Segundo comunicou Patricia Argerey, ata as 13.00 horas do 20 de abril permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes do Innova Peme 2020, dotado con 2’7 millóns de euros e destinado especificamente a micro, pequenas e medianas empresas galegas que precisan apoio para sistematizar, potenciar ou desenvolver a súa actividade innovadora. O obxectivo é que aumenten a súa competitividade e tamaño do mercado a través da introdución de novos produtos e servizos ao abeiro dos plans de innovación; así como fomentar o investimento privado en I+D en Galicia, a transferencia de tecnoloxía e a innovación aberta e colaborativa.

InnovaPeme 2020, cofinanciado con fondos FEDER, apoia as actuacións recollidas nun plan de innovación, que se desenvolverá durante un período mínimo dun ano. A intensidade da axuda será do 50% do orzamento subvencionable, que deberá estar entre 80.000 e 200.000 euros, e, ademais, as empresas beneficiarias poderán solicitar acompañamento posterior para a comercialización e industrialización da innovación a través de fondos de capital risco vencellados á innovación xestionados por XesGalicia. Nesta edición, inclúense unha serie de cláusulas sociais coma a incorporación da innovación responsable e do compromiso social como criterios de valoración da convocatoria.

Cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.