A Rede Cultural da Deputación terá en 2025 un orzamento de case dous millóns de euros

17 Xaneiro 2025

A Rede Cultural da Deputación da Coruña terá en 2025 un orzamento de 1.975.000 de euros. O prazo para que artistas, empresas e compañías inscriban os seus espectáculos estará aberto desde o 17 de xaneiro ata o 6 de febreiro. A institución provincial financiará entre un 30 e un 75 por cento dos espectáculos, dependendo do número de habitantes de cada municipio.

Segundo fixo saber a Deputación, os concellos deberán solicitar actuacións entre o 18 de marzo e o 1 de abril, e a resolución de adxudicación dos espectáculos comunicarase nunha terceira fase, antes do 22 de abril de 2025, no caso dos concellos, e antes do 22 de maio de 2025, no caso das entidades. Os espectáculos celebraranse no ámbito territorial da provincia da Coruña durante o ano 2025 e ata o 31 de marzo de 2026.

Como en anteriores anos, o catálogo da Rede Cultural nesta edición estará formado por catro programas: ¡Escena ao vivo! (espectáculos profesionais de teatro e monicreques, maxia, danza e música), Visións (cinema e contidos audiovisuais), Lingua a Escena! (espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega) e Alicerce (espectáculos de grupos de música, danza e teatro non profesionais).

No caso de Alicerce, ademais dos concellos, poderán contratar propostas artísticas non profesionais as entidades da provincia sen ánimo de lucro que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.

“Seguimos facilitando un relevante espazo de programación artística que ten como obxectivo principal garantir unha oferta diversificada e de calidade en toda a provincia e que, polo tanto, orientamos de tal xeito que favoreza a capacidade dos concellos coruñeses para desenvolveren propostas culturais atractivas para os seus veciños e veciñas”, destacou a deputada de Cultura, Natividade González, lembrando que que en 2024 a Rede Cultural programou 1182 espectáculos, que chegaron a 91 localidades do territorio, “en beneficio non só da veciñanza, pois tamén ofreceron un circuíto de traballo moi relevante para os sectores profesionais da cultura galega”.

As bases da convocatoria está publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 16 de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.