O Concello de Rianxo fixo balance da actividade do Punto Limpo no ano que vimos de deixar atrás, un servizo cada vez máis empregado pola veciñanza para desfacerse dos seus refugallos voluminosos e/ou perigosos, ou que simplemente non poden ser desbotados a través dos contedores tradicionais. Segundo se fa saber no balance, no ano 2024 un total 3.237 veciños e veciñas fixeron uso do Punto Limpo do Concello de Rianxo, o que se traduciu en algo máis de 213.700 kg de residuos depositados.
O Concello lembra que este servizo municipal está aberto de luns a sábado, tanto en horario de mañá como de tarde. Ademais, cómpre lembrar que a Administración local conta cun servizo de recollida de voluminosos porta a porta: “Se tes para desbotar un electrodoméstico, mobles ou calquera clase de residuo de gran volume, podes chamar ao 981 838 908”, detallan dende o Concello.




