Detido un mozo en Vilagarcía por conducir de forma temeraria e publicar os vídeos en redes sociais

12 Xaneiro 2025

Chegou a conducir, ata en catro ocasiones, a 120 quilómetros por hora en vías urbanas limitadas a 30. O arrestado non ten carné de conducir e nas gravacións non levaba posto o cinto de seguridade.

A Policía de Vilagarcía de Arousa detivo a un mozo tras identificalo como o autor de varios vídeos difundidos en redes sociais nos que se lle vía circulando de maneira temeraria. As gravacións, que se fixeron virales, mostraban manobras perigosas realizadas a alta velocidade e poñendo en grave risco tanto a outros condutores como a peóns.

Nos vídeos aparece conducindo a gran velocidade por vías urbanas e rurais, realizando adiantamentos prohibidos e manobras de risco extremo. A difusión destas imaxes en redes sociais espertou unha gran alarma social, o que motivou numerosas denuncias cidadás que alertaron ás autoridades.

Tras recibir as denuncias, a Policía Local abriu unha investigación para identificar o autor dos feitos. Grazas á análise das imaxes publicadas e á colaboración cidadá, os axentes lograron localizar ao novo e proceder á súa detención.

O detido enfronta cargos por condución temeraria a imposición dunha elevada multa e mesmo penas de prisión, dependendo da gravidade dos feitos e de se había risco evidente para a vida de terceiros.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.