Julián Bustelo participa en Bonaval na homenaxe a Castelao polo 75 cabodano do seu pasamento (e presenta a axenda conmemorativa do Concello)

08 Xaneiro 2025

Entre os representantes da cultura e da política da nosa terra que participaron este martes 7 de xaneiro nos actos de homenaxe a Castelao celebrados na Igrexa de San Domingos de Bonaval de Santiago (motivados pola celebración do 75 cabodano do pasamento do escritor, que faleceu en Bos Aires, no exilio, tal día como este 7 de xaneiro) atopábase o alcalde Julián Bustelo. O acto, organizado pola Fundación Castelao, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego, congregou a representantes institucionais, culturais e sociais de toda Galicia para lembrar ao ilustre escritor, político, intelectual e debuxante rianxeiro.

Coincidindo con esta celebración, o Concello de Rianxo anunciou a programación dos Actos Castelao 2025 e que podemos consultar xa a través da ligazón específica habilitada na web municipal.

Actos Castelao en Rianxo

Xaneiro 2025

-Venres 17, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala de exposicións. Exposición: Os Homes, por Castelao, na colección Roberto Taboada, coas intervencións de Roberto Taboada (coleccionista), Pastor Rodríguez Santamaría (Director do Museo do Gravado á Estampa Dixital) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

-Sábado 18, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). Música: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto.

-Venres 24, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Salón de Actos (1ºandar). Libros: presentación de Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979), a cargo de Xosé Luís Axeitos (editor literario e Académico da RAG), Valentín García (Secretario Xeral de Lingua), Xosé Díaz (Deseñador e Académico da AGBA) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

-Sábado 25, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). Teatro: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións. Proposta ao abeiro da Rede Cultural 2024.

-Venres 31, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). Libros: Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo (Editorial Galaxia). Coa participación de Antón Riveiro Coello (novelista e membro de Barbantia), María Xesús Blanco (Presidenta de Barbantia) e Marcos Calveiro (Editorial Galaxia). Intervención artística a cargo do escultor Camilo Seira. Introdución e peche musical a cargo de Leo Sánchez Figueiro (piano) da Escola de Música de Rianxo.

Febreiro 2025

Sábado 1, 12:00, Busto de Castelao (Paseo da Ribeira). Acto institucional: ofrenda Floral. Intervención de autoridades e acompañamento musical a cargo do grupo Fogo Fatuo.

Tamén se poderá visitar ata o 10 de xaneiro a exposición Castelao. Retorno a Galicia 1984. A presenza de Rianxo. Xan Carballa, fotografías, no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo, primeiro dos actos que se celebraron con motivo desta conmemoración.

A exposición encádrase nas celebracións dos Actos Castelao 2025 organizados polo Concello, que comezaron o venres 13 cunha mesa redonda sobre o traslado dos restos de Castelao ao Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, así como coa apertura da devandita exposición fotográfica.

Organizada en colaboración do Museo de Pontevedra e a Fundación Castelao, a exposición fotográfica poderase visitar de luns a venres de 10.00 a 14.00 h. A mostra esta articulada a partir de 52 fotografías realizadas o 28 de xuño de 1984 por Xan Carballa durante os actos desenvolvidos en Santiago con motivo do retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.