A Biblioteca de Rianxo achegounos ás historias das mulleres loitadoras co gallo do 8 de marzo

09 Marzo 2020

O Día Internacional da Muller Traballadora tamén se celebrou entre libros, poñendo o foco nas posibilidades da literatura para tirar abaixo muros, estereotipos e ideas preconcibidas. A Biblioteca Municipal de Rianxo, co fin de asolagar os hábitos de lecturas das novas xeracións con exemplos de mulleres que “deron exemplo”, publicou na rede social Pinterest medio cento de lecturas en feminino para conmemorar a devandita xornada reivindicativa do 8 de marzo, a disposición das seareiras e seareiros da literatura xuvenil no concello rianxeiro.

Entre estas obras iluminadoras e cheas de achados atópanse as dúas entregas de Pioneiras, de Anair Rodríguez e Nuria Díaz, A vida secreta de María Mariño, de Fran Alonso, ou os Contos de Boas Noites para nenas rebeldes, unha apaixonante escolma biográfica dalgunhas das personalidades femininas máis sobranceiras do deporte, as aventuras, a investigación científica ou a loita polos dereitos humanos. Tamén están presentes Na casa da avoa, de Marta Dacosta, Las chicas son de Ciencias (25 científicas que cambiaron el mundo), de Irene Cívico e Sergio Parra, Creedme, de Christian Miller e Ken Armstrong, ou o clásico da literatura de todos os tempos: Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.