Convocada a III edición dos Premios do Deporte Deputación da Coruña, que recoñecerán a deportistas e entidades da provincia

30 Decembro 2024

A Deputación da Coruña convocou a terceira edición dos Premios do Deporte Deputación da Coruña, unha iniciativa que busca “recoñecer as persoas e entidades que desenvolvan a súa actividade na provincia e que destaquen pola súa traxectoria deportiva, logros, ou a súa contribución ao fomento da práctica do deporte”.

Poderán presentar candidaturas todas as persoas físicas ou xurídicas que teñan relación ou estean interesadas na práctica ou promoción do deporte. Ademais, os membros que formen parte do xurado poderán presentar candidaturas ao resto dos membros.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o vindeiro 7 de xaneiro de 2025, e rematará o 30 de xaneiro de 2025, ás 14:00 horas. As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña.

Do mesmo xeito que na edición 2024, establécense quince categorías de premios: Mellor deportista masculino, Mellor deportista feminina, Mellor deportista veterano masculino, Mellor deportista veterana feminina, Mellor deportista promesa masculino categoría base, Mellor deportista promesa feminina categoría base, Mellor deportista con diversidade funcional masculino, Mellor deportista con diversidade funcional feminina, Mellor adestrador/a, Mellor árbitro/a ou xuíz/a, Mellor entidade colaboradora ou patrocinadora, Mellor evento deportivo, Mellor entidade na promoción e fomento do deporte de base, Mellor entidade na promoción e fomento do deporte inclusivo, e o Premio a toda unha vida dedicada ao deporte.

Ditos premios consisten nun galardón conmemorativo e un diploma acreditativo, ademais do recoñecemento social que a Deputación promoverá a través dos medios de comunicación e das súas redes sociais. Ademais das quince categorías, o xurado poderá recoñecer a título individual ou colectivo a aquelas persoas ou entidades que levasen a cabo unha labor ou desenvolvesen unha actuación no ámbito do deporte digna de ser destacada a nivel provincial.

O xurado estará presidido polo deputado de Deportes, Antonio Leira, que actuará con voz e sen voto, xunto a cinco xornalistas deportivos ou persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deporte.

Unha vez concluídas as deliberacións, a Deputación organizará un ano máis en 2025 unha Gala do Deporte, na que se convidará as persoas e entidades participantes nesta convocatoria, ademais de facerse entrega de todas as distincións aos premiados.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.