A ADC Arnela organiza este 28 unha nova actividade de orientación deportiva nocturna (Orientasón)

22 Decembro 2024

Porto do Son é estes días escenario de grandes probas deportivas. Ademais da carreira Sin-Son 10K que se celebra este domingo, a vindeira fin de semana vaise desenvolver unha nova cita da oitava edición da Orientasón, derradeira proba da disciplina da orientación nocturna organizada pola Asociación Deportiva e Cultural Arnela. Será o sábado 18 de decembro a partir das 18.30 horas. A proba, ademais da actividade puramente deportiva, incluirá unha chocolatada ao remate da actividade. As inscricións pódense facer na web de FEGADO, onde tamén se pode recadar máis datos sobre a cita deportiva. Organiza a ADC Arnela en colaboración co Concello de Porto do Son.

Para quen non o saiba, o deporte de orientación é unha actividade que combina a práctica física coa navegación na natureza ou, tamén, en espazos urbanos. Pódese realizar de día ou, coma no caso da cita deste 28 de decembro, tamén de noite.

Consiste en que cada participante, coa axuda dun mapa e un compás, tense que orientar por camiños descoñecidos ata atopar, nunha orde determinada, os puntos de control que se marcaron sobre o terreo. O reto deberá facerse no menor tempo posíbel. Estes puntos de control poden ser balizas ou estar marcados de forma electrónica e adoitan situarse en zonas de difícil acceso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.