Máis de 700 familias do Barbanza poderán acollerse á gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos

06 Marzo 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, indicou hoxe que máis de 700 familias da comarca do Barbanza se beneficiarán da gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos. Díxoo durante a visita que fixo esta tarde en Boiro á escola infantil e ao centro de día da Xunta de Galicia.

Fabiola García aproveitou a visita para lembrar que a gratuidade nas escolas de 0 a 3 anos entrará en vigor o 1 de abril, aplicándose tanto nos centros públicos de titularidade autonómica coma nos que xestionan as entidades sociais e tamén nos privados que decidan acollerse. Polo tanto, a partir desa data as familias deixarán de pagar as mensualidades que ata o de agora abonaban polas prazas.

Así mesmo, a conselleira subliñou a importancia tanto da escola infantil coma do centro de día de maiores para axudar á veciñanza da zona a harmonizar as súas vidas social, laboral e familiar. Neste senso, fixo fincapé na calidade das instalacións e dos coidados que reciben os maiores e pequenos nestes dous centros que a Xunta ten en funcionamento en Boiro, os cales suman 142 prazas públicas: 40 o servizo de atención diúrna a persoas maiores e 102 a escola para crianzas de 0 a 3 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.