Proseguen en Ribeira os traballos impulsados polo Concello para a mellora mellora dos camiños do rural que están deteriorados. A semana pasada remataron os traballos de mellora da estrada que hai no lugar de Laxes, en Carreira.
O camiño principal, que une a Mámoa con Laxes, dispoñía dun pavimento de aglomerado con irregularidades causadas polas raíces das árbores situadas nas marxes, sendo necesario retirar ditas raíces antes de estender unha nova capa de asfalto. Ademais, os outros dous ramais presentaban un firme asfáltico con abundantes disgregacións e fochancas que era preciso regularizar antes de estender a nova capa de aglomerado en quente, igual que no camiño principal.

Ademais, traballouse na preparación do camiño, limpeza, escavación, explanación, desherbado, retirada de terra vexetal, rasanteo e compactado. No lugar aplicouse unha subbase de grixo e estendido dunha capa de aglomerado en quente de 5 cm. espesor, mesmo compactado e regra de adherencia.
Segundo informou o rexedor, Luís Pérez Barral, para esta actuación o Concello de Ribeira conseguiu unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dentro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.




