Este venres inaugúrase a exposición de Xan Carballa que documenta a volta dos restos de Castelao á nosa terra

13 Decembro 2024

O Auditorio de Rianxo acolle este venres 13 de decembro polo serán, ás 20.30 horas, dous actos encadrados na programación conmemorativa dos Actos Castelao 25, que conmemoran este vindeiro ano o 75 aniversario do pasamento do ilustre veciño de Rianxo. Trátase do conservatorio e da posterior inauguración da exposición coa que o Concello dá inicio á dita programación especial: a mostra Castelao. O retorno a Galicia 1984. A presenza de Rianxo. Organizado en colaboración do Museo de Pontevedra e a Fundación Castelao, no convervatorio intervirán Xan Carballa (autor das fotografías), Enrique Acuña (comisario da exposición), Xosé Bravo (alcalde de Rianxo no 1984), Miguel Anxo Seixas (investigador e Presidente da Fundación Castelao) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo), actuando ademais como moderador. Unha vez rematado terá lugar no Auditorio a apertura da exposición con visita guiada a cargo do autor e o comisario. A exposición fotográfica poderase visitar ata o 11 de xaneiro, de luns a venres de 10.00 a 14.00 h, ademais dalgunhas tardes, sábados e/ou festivos coincidindo cos horarios da programación cultural do Auditorio.

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.