Adxudicadas por 2,5 M€ as obras para a humanización da travesía de Palmeira, en Ribeira

11 Decembro 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por 2.507.246 euros as obras para a humanización da travesía de Palmeira, no concello de Ribeira.

Esta intervención, adxudicada á empresa Oresa Construcción y Servicios Globales, S.L, ten como obxectivo transformar o treito urbano da estrada autonómica AC-305 que discorre por Palmeira nunha rúa, adaptándoo aos diferentes contextos que atravesa, integrándoo e recuperando o seu carácter humano.

O contrato asinarase nos vindeiros días para poder realizar en xaneiro do 2025 os traballos previos de identificación de servizos afectados, e a previsión é poder comezar a execución das obras ao longo do mes de febreiro. Os traballos contan cun prazo de execución de 15 meses.

Trátase do proxecto redactado pola Axencia Galega de Infraestruturas a partir dunha proposta deseñada polo fundación RIA, para adaptar o espazo público desta vía  autonómica, que discorre polo núcleo urbano de Palmeira, e que ten unha lonxitude de algo máis dun quilómetro.

O conxunto de intervencións obxecto do contrato que se vén de adxudicar posibilitará crear un espazo harmonizado que priorizará a mobilidade peonil, con zonas verdes e sombra natural.

As obras a executar céntrase no treito da estrada AC-305 situado entre os puntos quilométricos 35+400 e 36+500, onde se executarán novas beirarrúas, unha nova parada de autobús e se disporá tamén nova iluminación.

As actuacións inclúen tamén a redución da velocidade máxima permitida a 30 km/h, para o que se colocarán sinais de límite de velocidade e reducirase o ancho do carril.

20240829 Acto de licitación das obras para a humanizacion da travesia de Palmeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.