Dodro acolle o día 13 unha xuntanza informativa sobre as vantaxes de constituír agrupacións forestais de xestión conxunta

10 Decembro 2024

O Concello de Dodro informa dunha reunión informativa sobre as Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta. Será o vindeiro venres 13 de decembro ás 19.00 horas no Pavillón de Deportes de Dodro. Contarase coa presenza de representantes do Instituto Galego das Terras Comunitarias (INGATECO).

O Concello de Dodro facilitará composteiros ás persoas asistentes para promover a redución de residuos orgánicos e o seu aproveitamento como fertilizantes.

Organizan a AFG (Asociación Forestal de Galicia), INGATECO, SOGAMA e o Concello de Dodro.

Respecto das Agrupacións Forestais de Xestión Continua, son modelos de organización que permiten, entre outras vantaxes, mellorar a eficiencia económica, aumentar o acceso a recursos e promover prácticas forestais máis sustentábeis e responsábeis. Estas asociacións facilitan tamén a posta en marcha de medidas de conservación e sustentabilidade, como a prevención de lumes forestais, a recuperación de bosques ou a mellora da biodiversidade.

Tamén son positivas porque permiten ás agrupacións de propietarios dispor de asesoramento técnico especializado que mellora as prácticas de xestión e aproveitamento forestal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.