O Concello de Ribeira reforza o seu compromiso co sector social local

29 Novembro 2024

O Concello de Ribeira, a través do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e o segundo tenente de alcalde, Vicente Mariño, asinou este venres 29 de novembro cadanseu convenio de colaboración con diversas entidades sociais do municipio, unhas alianzas abeiradas ao compromiso do Goberno local co benestar da cidadanía. Barral e Mariño explicaron que “grazas a un esforzo orzamentario notábel, as axudas municipais acadan a un maior número de organizacións, permitindo que estas desenvolvan iniciativas fundamentais para o tecido social de Ribeira”.

Sinalaron que desta volta destinaranse máis de 40.000 euros a 12 entidades locais, que desempeñan un labor esencial en áreas como o apoio a persoas maiores, a inclusión, a atención a colectivos en risco e a promoción cultural e educativa. As entidades beneficiarias son: Ambar, Amicos, A Creba, Faiben, Caritas, Cruz Vermella, Renacer, ICE Renovación, Asociación Española contra o Cancro, Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo, Liceo Marítimo e os clubs de xubilados.

O alcalde destacou que “estas axudas son esenciais para que as entidades poidan continuar desenvolvendo actividades que beneficien directamente á poboación” en engadiu que “desde este Goberno entendemos que o fortalecemento do tecido social é clave para o desenvolvemento de Ribeira. Por iso, incrementamos os recursos destinados a este sector, logrando chegar a máis organizacións e, en consecuencia, a máis persoas que necesitan apoio”, declarou Pérez Barral.

Dende o Executivo municipal destacaron que neste ano 2024, grazas ao traballo feito dende Economía e Facenda conseguiuse aumentar a partida destinada a apoiar as entidades deportivas, sociais, culturais, educativas, así como a eventos deportivos, culturais, festivos e económicos acadando a cifra de 850.400 euros.

Por último, o tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño declarou, “como tódolos anos cumprimos, o ano pasado houbo un certo atraso por mor dos orzamentos, este ano estamos en data e seguimos cumprindo. Tentaremos mellorar as axudas nos vindeiros orzamentos porque sen a colaboración destas entidades sociais; Ribeira se resentiría”. Para finalizar agradeceu dende o Goberno Municipal “a colaboración e o traballo diario que están desenvolvendo cada unha das organizacións que acaban de asinar o convenio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.