Ribeira entrega os premios do I Concurso de Debuxo e Pintura Montse Noya Vázquez

27 Novembro 2024

Coincidindo co Día dos Mestres celebrouse en Ribeira este mércores 27 de novembro o acto de entrega dos galardoados do I Concurso de Debuxo e Pintura Montse Noya Vázquez na honra da que foi docente do Colexio Galaxia falecida en 2023. O acto de entrega desenvolveuse na sala polivalente do novo Auditorio onde a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla acompañou aos diversos alumnos de varios centros do municipio así tamén como ao profesorado.

A finalidade do concurso, aberto ao alumnado de todos os centros de ensino de Ribeira e todos os niveis, é o fomento da expresión plástica como forma de comunicación primaria, na que a emoción e o acervo cultural e social exprésase nun sentido complexo que acolle a todas as idades enriquecéndose con diferentes interpretacións e rexistros.

O xurado seleccionou medio cento de obras que van formar parte dunha mostra na Casa da Xuventude de Ribeira desde o 19 ata o 28 de novembro de 2024. E desta primeira selección decidiuse que as obras premiadas co primeiro, segundo e terceiro posto son as que a seguir se indica:

Obras gañadoras

1o premio. Un bono de compra no comercio local por valor de 150 € e vai ser ademais cartel nunha actividade cultural do Concello de Ribeira.

Pseudónimo: Seica. A obra gañadora resulta ser autoría dun neno de 5 anos que estuda no CPR Galaxia, Daniel Vila Cañestro.

A obra caracterízase pola súa forza expresiva e colorista, que a leva a ser un retrato tipo, a representación de todos os rostros nun só.

2o premio. Un bono de compra no comercio local por valor de 100 €

Pseudónimo: Venus. A obra gañadora resulta ser autoría dunha moza de 14 anos que estuda 3o de ESO no CPR Galaxia, Nora Stitou Crujeiras.

A obra está realizada cunha boa calidade técnica no debuxo, e resulta ser unha expresión do seu tempo, da contemporaneidade inmersa na banda deseñada e no cinema do escuro tan popular.

3o premio. Un bono de compra no comercio local por valor de 50 €.

Pseudónimo: Océano. A obra gañadora resulta ser autoría dun neno de 8 anos 3o de ensino primario no CPR Sagrado Corazón de Xesús, Rubén Lampón García.

A obra destaca por ter unha composición interesante e cun tratamento que se achega ao expresionismo. A insólita elección e distribución dos elementos que enmarcan a figura humana fai que resulte moi atractiva.

O xurado do concurso dou a hora boa a todas as persoas que se presentaron ao concurso e ao Concello de Ribeira. E finalizaron: “E todo o noso recoñecemento aos mestres e mestras que, como Montse, traballades educando en liberdade”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.