Conclúe o ciclo teatral do outono na Pobra coa función “Testosterona”

25 Novembro 2024

A Pobra do Caramiñal despide xa o ciclo teatral do outono artellado pola Concellaría da Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña logo de varias semanas de funcións. “Como xa é habitual, cada outono apostamos polas artes escénicas dentro da oferta cultural dada a boa acollida. A dramaturxia xa tivo un papel clave no mes de outubro coas XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, a cal nos aproximou ao universo valleinclaniano grazas ao talento interpretativo de compañías de renome. E durante todo o mes de novembro e a primeira semana de decembro tivemos o ciclo teatral do outono. Pero, agora, tamén como ferramenta de sensibilización” declarou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Cinco sesións que chegan ao seu fin coa representación de Testosterona, a cargo de Malasombra Producións. Será no domingo, 1 de decembro, ás 19.00 horas, no Teatro Cine Elma. Exponse a desigualdade laboral: un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional e formúlase a pregunta de que factores influirán na decisión.

O acceso á dita instalación municipal é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.