A Policía Local de Rianxo comisa un novo alixo de marisco vendido ilegalmente

03 Marzo 2020

A Policía Local de Rianxo vén de informar dunha actuación dos axentes levada a cabo na tarde do pasado 29 de febreiro e que consistiu nunha operación a prol da saúde pública relacionada coa venda non regulada de marisco fóra das canles e procedementos precisos para facelo. Segundo informou a Policía Local, na tarde do 29 de febreiro tívose coñecemento dunha actividade de venda ambulante de marisco a carón dun supermercado no lugar de Pazo, en Rianxo. Os axentes procederon a identificar ao varón que comercializaba os produtos e comisaron o marisco e máis os útiles de extracción que carrexaba nun bolso.

O produto da venda estaba formado na súa maior parte por ameixa, que, segundo lembran os axentes, carecía de tarxeta sanitaria e documento de orixe e rastrexabilidade (trazabilidade), sendo entregado aos gardapescas da Confraría de Rianxo para ser devolto ó mar.
Tramitouse denuncia administrativa pola venda de marisco de forma irregular, constándolle a esta persoa numerosos antecedentes por furtivismo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...