Mulleres do Barbanza celebra unha proxección de curtas de directoras palestinas con motivo do 25N

20 Novembro 2024

Entre as actividades organizadas pola Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, está a proxección de tres curtametraxes de tres directoras palestinas: Electrical Gaza (2015) de Rosalind Nashashibi, Your father was born a 100 years old, and so was The Nakba (2017), de Razan Alsalah, e The silent protest: Jerusalem 1929 (de 2019), de Mahasen Nasser-Eldin. Trala proxección de cada una delas farase un pequeno debate. Será o xoves día 21 de novembro, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, a partir das 20.00 horas. Trátase dun proxecto de Another Gaze Journal, coa colaboración da cooperativa Numax e BDS Barbanza.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.