Ribeira acolle este mércores unha mobilización de Mulleres do Barbanza contra o feminicidio de Baiona

12 Novembro 2024

A organización Mulleres en Acción – Asociación de Mulleres do Barbanza convocou unha nova concentración de urxencia e de repulsa contra o novo feminicido perpetrado os días pasados en Baiona, no que foi asasinada a veciña Estela Blach a mans, presuntamente, da súa ex parella. Será este mércores 13 de novembro ás 20.00 horas na praza do Concello de Ribeira. Mulleres en Acción fai un chamamento á participación neste novo acto de rexeitamento e loita contra a violencia machista, xa que, lembran, “estamos ante unha lacra que cómpre erradicar e isto só se consegue coa participación de todas e todos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.