Noia, Lousame, Outes e Porto do Son disporán este ano dun plan local que adaptará a atención primaria ás necesidades da poboación

11 Novembro 2024

A Xunta fixo saber este luns 11 de novembro que Noia e a súa contorna disporán este ano dun plan local de saúde que “adaptará o modelo de atención primaria ás necesidades específicas da poboación dos municipios de Noia, Lousame, Outes e Porto do Son”.

Ademais do servizo de atención primaria de Noia, os servizos que contarán con novos plans de saúde locais antes de finalizar 2024 son os de Cambre, Culleredo, A Laracha, Oleiros, Vite (Santiago de Compostela), Boiro, Bertamiráns (Ames), Chantada, Guitiriz, Outeiro de Rei, San Roque (Lugo), A Carballeira (Ourense), Trives, Coles, Poio, Terra de Montes, Sanxenxo, Vilaboa-Arcade, Ponte Caldelas-A Lama, Matamá (Vigo), López Mora (Vigo), Coruxo (Vigo) e Moaña. Agárdase que no ano 2026 estes plans estean completamente implantados en todos os servizos de atención primaria.

Coa posta en marcha destes plans a Xunta quere poñer a atención primaria como eixe vertebrador da asistencia sanitaria e a cidadanía como protagonista principal sobre a que deben xirar as políticas sanitarias.

Con esta ferramenta de xestión o Goberno galego tamén “busca incidir na prevención da enfermidade, acadar a curación ou paliar as doenzas e os problemas de saúde da poboación, sempre tendo en conta as súas necesidades e a contorna onde desenvolve o seu proxecto vital”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.