O ciclo teatral do outono na Pobra trae ao Elma a comedia neurótico-festiva “Neura”

04 Novembro 2024

O ciclo teatral do outono leva ás táboas do Elma a segunda das funcións dentro desta programación que se desenvolverá aos domingos do mes de novembro e a primeira semana de decembro.

“Traemos a segunda das cinco pezas teatrais que se representan na Pobra do Caramiñal por estas datas. Como cada outono, as artes escénicas teñen un forte protagonismo na oferta cultural”, apuntou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, sobre esta axenda que chega á localidade coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

De Ste Xeito Producións subirá ao escenario con Neura… Unha comedia neurótico-festiva, no domingo, 10 de novembro, ás 19.00 horas. Aquí abórdase o tema da saúde mental a través de dous protagonistas que viviron no pasado a súa historia de amor, así como de desamor, por mor de teimas propias e alleas. O azar fai que se volvan atopar en distintas circunstancias, tras pasaren os anos, cunha versión actualizada da persoa que coñeceron despois de diferentes terapias.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.