O roteiro do Lirio de Ribeira distribúe en Santa Uxía e A Pobra arredor de 2.000 tapas

03 Novembro 2024

A III edición do Roteiro co Lirio foi un éxito absoluto en Ribeira e A Pobra do Caramiñal, con multitude de veciños dos dous concellos, do Barbanza e de Galicia gozando durante a xornada deste 2 de novembro das innovadoras e deliciosas tapas gratuítas elaboradas polos establecementos participantes. En total, foron distribuídas ao redor de 2.000 tapas de Lirio de Ribeira.

A ruta organizada pola Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira, superouse este ano alcanzando os 25 bares e restaurantes adheridos (en 2023, participaron 10 negocios). Como novidade, esta nova edición logrou a adhesión da Pobra do Caramiñal, con 9 locais. A OPP83 repartiu nesta ocasión máis de 100 kg de lirio fresco e fileteado. Os participantes elixiron a tapa gratuíta que ofrecen aos seus clientes xunto ás súas consumicións.

A elaboración do Bar Miramar da Pobra

En horario de mediodía e noite, os veciños e turistas puideron achegarse a Tapería A Recoveira polo seu “Taco de Lirio”; a Chiringuito Pedra Pateira pola súa “Delicias do mar”; a Pub Brétema pola súa “Delicias da ría”; a Café Bar Plaza pola súa “Xuremil Lirio”; a Fiestra Café Bar polo seu “O Lirio pola fiestra”; a Cocoluche pola súa “Empanada de Lirio á portuguesa”; a Tapería A de Maris pola súa “Cápsula de Lirio ardente”; a Bar Zum Zum polo seu “Lirio escabechado”; a Taberna de Horse Luís pola súa “Empanada de millo ao Horse Luís”, a Bulebar pola súa “Fingers de Lirio con alioli”; a Café Esmorga polo seu “Salpicón de Lirio con mango e aguacate”; a Restaurante Tío Pepe polo seu “Lirios de Ribeira con crema de Padrón”; a Pizzeria D’Vicio polos seus “D’Lirios do mar”; a Gourmet Aljan polo seu “Lirio con queixo San Simón e chacina”; a Bar Baldomero polo seu “A perlita do Baldomero”; a Bar Porrón 2.0 polo seu “Pintxo de Lirio”; a Bar Alameda polo seu “Lirio rebozado con pataca en salsa verde”; a Bar La Calle por “Montaditos de Lirio”; a Bar Miramar polo seu “Lirio especiado con guiso de porco ibérico”; a Mi Manda Picone polo seu “Lirio en escabeche con escuma de mango e cacahuete
garrapiñado”; a Restaurante A de Rosa polo seu “Lirio con diferentes rebozados”; a Café Bar Galeón polo seu “Lirios rebozados con salsa cocktail”; a Sisal Restaurante polo seu “Tosta de chantie de cabra con Lirio afumado”; a 420 Bar polo seu “Tosta de lirio con pemento vermello”; e a Bar Lombiña co seu “Crocante de Lirio con topo de albáfega”.

Esta terceira edición do roteiro contou ademais coa colaboración do Concello de Ribeira, do Concello da Pobra do Caramiñal, da Asociación de Hostaleiros de Ribeira, da Asociación de Empresarios de Ribeira e da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra.

Lirio de Ribeira é a marca colectiva da OPP83 e é sinónimo de calidade e frescura extras. Este peixe, capturado por barcos de arrastre de litoral da Cooperativa Santa Uxía de Ribeira, cumpre cunha serie de parámetros para ser considerado un auténtico lirio de etiqueta. O Lirio de Ribeira, extraído do mar seguindo unha práctica pesqueira artesanal e sostíbel, é cualificado como pesca do día, xa que chega a porto en apenas unhas horas.

Esta acción promocional forma parte do Plan de Produción e Comercialización da OPP83 para este ano. A medida está co-financiada polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e pola Xunta de Galicia. A Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira celebra por terceiro ano consecutivo o Roteiro co Lirio, evento que se consolida na axenda gastronómica galega e que serve para poñer en valor o Lirio de Ribeira. Con esta iniciativa, a Organización de Produtores afianza a súa relación coa hostalería, contribuíndo a dinamizar a zona en épocas de menor afluencia.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.