O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova xornada deseucaliptización en Froxán (Lousame)

29 Outubro 2024

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova xornada de voluntariado ambiental en Froxán (Lousame, A Coruña), que dará comezo ás 10:00 h da mañá do sábado 9 de novembro. Durante esta actividade, eliminaranse eucaliptos e, posteriormente, realizase unha visita ambiental ao monte. Para finalizar, ofrecerase xantar de albaroque ás persoas participantes.

A xornada está coordinada por Fundación Montescola, entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Con estas actuacións, búscase sensibilizar a cidadanía na recuperación da biodiversidade e a prevención de lumes forestais de forma colaborativa.

Esta actividade está aberta á participación de todos os públicos e ideades. Aquelas persoas interesadas deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a info@montescola.org ata o xoves 7 de novembro inclusive.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Máis información a través do correo electrónico info@barbanzaecosocial.org ou no 722 413 315.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.