Santiago acolle o Grupo Municipal de Ribeira este sábado

25 Outubro 2024

Este sábado 26 de outubro ás 20:30 h o grupo municipal de teatro do Concello de Ribeira actuará en Santiago de Compostela no Centro Sociocultural de Santa Marta (xunta ao hospital clínico), no marco da Rede Cultural da Cultura da Deputación da Coruña. A entrada é gratuita e podedes reservar no 981543017.

Realizarán o espectáculo “O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)” unha comédia esperpéntica en verso ambientada na idade media creada orixinalmente por Segundo Durán“Chiki”, con 20 personaxes e unha duración aproximada de 90 minutos que dende que fora estreada en Ribeira en Nadal de 2021 xa visitou Boqueixòn, Naròn, Melide, Muros, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Teo, Noia e Rois. Esta será, xunto a Milladoiro-Ames, o 7 de decembro, a derradeira vez que se poida ver xa que rematará a xira de tres anos que fora xa ampliada debido á pandemia.

Unha obra para pasar un rato moi divertido, rir a esgalla e gozar do teatro baixo a dirección de Oscar Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.