A axenda de Rianxo vén esta “finde” con teatro, un serán de Vai de Roda, xornadas sustentábeis e música

24 Outubro 2024

O Concello de Rianxo compartiu a axenda de actividades programadas pola Área de Cultura para esta última fin de semana de outubro, ás que se suman as organizadas por outras entidades culturais con sede no termo rianxeiro.

Venres 25

–Martabelas Teatro representa a función Segredos de Familia e Licor Café. Trátase dunha comedia negra aberta a todos os públicos programada ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada será de balde ata completar capacidade. Será ás 20.00 horas no Centro Sociocultural da Atalaia en Asados.

–A escritora Rosa Suárez Redondo presenta a súa novela A miña vida noutro lugar. Será ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo. Trátase dunha novela con prosa sinxela e ritmo fácil, cun chisco de humor e misterio, sen pudor nin sentimentalismos que narra a vida íntima dunha muller que valora o alleo sempre por riba do propio. Logo da acollida que xa que xa tivo este pasado verán no marco da Feira do Libro de Rianxo, a autora rianxeira estará acompañada na presentación pola escritora Mª Carmen Carames Gorgal, o escritor e investigador Xosé Ramón Brea Rey e o concelleiro de Cultura, Julio Alcalde.

Sábado 26

-O campo de Arriba de Rianxo volverá a  vivir unha  xornada chea de tradición e música coa celebración dunha nova edición do Serán organizado pola Asociación Vai de Roda. Será ás 20.00 horas no Campo de Arriba.

–Talía Teatro vai representar no Auditorio a peza Unha inimiga do pobo, ás 20.30 horas. Ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación, o Auditorio acolle a posta en escena pola compañía Talía Teatro da obra Unha inimiga do pobo, unha adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Esta adaptación de Talía acadou sete Premios María Casares: Mellor espectáculo,Mellor dirección, Mellor actriz protagonista, Mellor actor secundario, Mellor adaptación, Mellor espazo escénico e Mellor iluminación. O elenco está composto por: Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala. Público adulto. A entrada será de balde ata completar capacidade.

Domingo 27

–Campo Maneiro (Taragoña) vai albergar este domingo, a partir das 10.30 horas, as Xornadas por un Monte Vivo. O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, do que forman parte a Fundación RIA así como oito CMVMC de Rianxo a través da Plataforma pola Defensa do Monte, dúas Universidades, a Fundación Montescola e o propio Concello de Rianxo, retoma a primeira das xornadas que tiveron que ser aprazadas. Unha xornada repleta de actividades abertas á participación da cidadanía, promovendo a xestión activa do territorio.

–O Auditorio de Rianxo, ás 18.30 horas acolle o concerto de apertura do VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello, na intención de achegar ao público as novas xeracións de artistas. O ciclo inclúe unha serie de 5 concertos entre os meses de outubro e decembro. Este domingo actúa Alejandro Sanjiao (clarinete).

Ademais

-Até o vindeiro 2 de novembro podemos visitar a exposición REFLEJOS DEL ALMA de RAQUEL REY

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.