Dezanove ofertas presentadas para a intervención na Casa da Xuventude de Ribeira

27 Febreiro 2020

Un total de dezanove propostas foron presentadas a unha nova actuación no concello de Ribeira que permitirá a reforma do interior e o acondicionamento da envolvente térmica da Casa da Xuventude, segundo se desprendeu na mañá de hoxe despois de que a mesa de contratación procedese á preceptiva apertura das ofertas.

Situado no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e cunha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas, o edificio rexistraba unha serie de eivas que era preciso solucionar, tal e como manifestan desde o Concello.

Con tal motivo encargouse a elaboración dun proxecto técnico. O documento inclúe a mellora das terrazas a través dunha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres; mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo SATE. Ademais, tódalas fiestras serán substituídas por outras de aluminio.

No que respecta ao interior do inmoble, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen.

O orzamento da actuación comporta 307.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución ascende a oito meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.