
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, presidiu na mañá deste 15 de outubro a toma de posesión de Raúl Frieiro como novo axente da Policía Local, na que tamén estivo o xefe do corpo, Francisco Alcalde.
Frieiro intégrase no corpo da Policía Local de Boiro logo de exercer como xefe na Policía Local de Rianxo dende o 2019 ata a actualidade. En canto á súa titulación, é diplomado superior en Dirección e Xestión da Seguridade Pública pola Universidade Francisco de Vitoria e conta cun Máster Universitario en Análisis de Intelixencia e Prevención do Terrorismo pola Universidade de Isabel I de Castilla.
Ademais conta con formación complementaria en especialización en Información, avanzado de Policía Xudicial, superior de Mediación Policial, Protección de Autoridades e Escolas e Seguridade e Intelixencia; así como diversas condecoracións civís e militares entre as que destacan Cruz ó Mérito da Garda Civil, Cruz ó Mérito da Loita Antiterrorista e a Cruz de Bronce da Policía Europea, Medalla ó Mérito Deportivo da Comunidade de Madrid, Medalla á Permanencia no Servicio e Medalla ó Recoñecemento Profesional da Unión Española de Xefes de Policía Local.
No ámbito docente Frieiro é profesor colaborador da Academia Galega de Seguridade Publica, da Escola de Infantería de Marina “Gral. Albacete y Fuster” e dos Plans de Formación Profesional do Ministerio de Defensa.
O alcalde, José Ramón Romero, desexoulle moitos éxitos no desenvolvemento das súas funcións: “Para Boiro é un orgullo contar cun axente como Raúl Frieiro que vai reforzar o cadro da Policía Local e aportar a súa experiencia en beneficio da veciñanza do municipio e a prol da seguridade cidadá”.



