O 31 de outubro arrinca a nova edición (a XIX) das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes, que veñen con oito conferencias

11 Outubro 2024

Quen queira informarse a fondo sobre as cuestións máis candentes dos ámbitos da saúde, a medicina e a ciencia, vai ter unha oportunidade inmellorábel de facelo coa XIX edición das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes, abeiradas ás cuartas Xornadas do Programa Universitaria do Programa Universitario de Maiores en Outes (IV Ciclo da USC). A axenda cubrirá os meses comprendidos entre outubro de 2024 e maio de 2025 e incluirá un completo programa de conferencias e coloquios sobre as máis diversas cuestións, cada xoves de cada mes ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Outes.

O programa estará novamente coordinado polo doutor Xosé María Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes, coa colaboración do Concello (Centro Social), da Universidade de Santiago (USC), da asociación inclusiva ADISBISMUR e da Asociación Cultural Terra de Outes, e tamén da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

O ciclo dará comezo este 31 de outubro coa conferencia Enfermidades da pel. Prevención e tratamento, a cargo do doutor Emilio del Río de la Torre, dermatólogo da Clínica Dermalar.

As actividades proseguirán o 28 de novembro con Aumento do colesterol: consecuencias, a cargo da doutora Pilar Mazón Ramos, xefa de sección do Departamento de Cardioloxía do CHUS de Santiago.

O 19 de decembro celebrarase Hipertensión arterial: diagnose, tratamento e seguimento, da man de Antonio Pose Reino, da Unidade de Hipertensión e Risco Vascular do Servizo de Medicina Interna do CHUS de Santiago.

O 30 de xaneiro de 2025 intervirá o doutor Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, co relatorio Diabetes: a epidemia silenciosa.

O 27 de febreiro celebrarase Deporte de saúde, a cargo de Adrián Dios Vicente, presidente da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas e profesor na Facultade de Ciencias Económicas da USC.

O 27 de marzo será a quenda do relatorio Proxecto Xenoma, a cargo do doutor Anxo Carracedo Álvarez, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

O 10 de abril celebrarase a conferencia Enfermidades abdominais. Calidade de Vida, da man do doutor Manuel Barreiro de Acosta, da Unidade de Enfermidades Inflamatorias Intestinais do CHUS.

A clausura das xornadas celebrarase o 29 de maio, con Envellecemento saudábel, a cargo de Xosé María Dios Diz, médico especialista de AP de Outes.

A organización das xornadas pregan confirmar asistencia e reservar praza a través do teléfono 981 850 575.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.