Galicia colabora na adaptación da pesca e a acuícultura ao cambio climático

23 Febreiro 2020

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e os seus socios no proxecto europeo ClimeFish presentarán a próxima semana os resultados do traballo realizado durante catro anos para facilitar a adaptación ao cambio climático nos ámbitos da pesca e da acuicultura en Europa. Será durante a celebración do Foro Internacional 2020 sobre os Efectos do Cambio Climático na Pesca e na Acuicultura, un encontro que organiza o consorcio ClimeFish os días 25 e 26 de febreiro na sede da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).
O ente dependente da Consellería do Mar participará no evento , que supón o peche deste proxecto europeo, cunha sesión que promoverá a interacción e o diálogo entre científicos, representantes da administración e dos sectores pesqueiro e acuícola. Nela presentará a plataforma desenvolvida no marco desta iniciativa para apoiar na toma de decisións e facilitar a adaptación ao cambio climático.
Esta ferramenta é o resultado máis relevante de ClimeFish e para a súa consecución os socios do proxecto contaron coa contribución e participación de científicos e partes interesadas nun proceso interactivo liderado polo Cetmar. Froito dese traballo, a plataforma inclúe ferramentas para coñecer e abordar os efectos, riscos e oportunidades relacionados
co cambio climático así como guías para facilitar a adaptación nos eidos pesqueiro e acuícola.
O foro será inaugurado polo director de pesca e acuicultura da FAO, Manuel Barange, e por representantes da Dirección Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea e analizará os retos que o cambio climático presenta na actualidade para os sectores da pesca
e da acuicultura europeas así como as posibilidades de afrontalos.
Neste sentido, o encontro contará coa participación de representantes galegos do sector do mexillón e da Consellería do Mar que colaboraron no proxecto xunto ao Centro Tecnolóxico do Mar e o Instituto de Investigacións Mariñas, dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no estudo do caso do mexillón, un dos dezaseis desenvolvidos no marco deste proxecto.

Ademais dese labor, o Cetmar promoveu a interacción coas partes interesadas durante todo o proceso, conseguindo a participación de preto de 150 axentes relacionados co sector nunhas vinte reunións específicas. O traballo do ente dependente da Consellería do Mar tamén contribuíu a xerar unha maior conciencia sobre os impactos do cambio climático na
pesca e na acuicultura mariña e de auga doce e supuxo o punto de inicio para o desenvolvemento de medidas de adaptación en sete casos de 10 países europeos.
O proxecto ClimeFish, financiado pola Unión Europea a través do programa Horizonte 2020 e cun presuposto de cinco millóns de euros, desenvolveuse entre 2015 e 2020 coa participación de 21 socios que, ademais do caso galego, desenvolveron 16 estudios de caso para os sectores da pesca e acuicultura mariña e continental que inclúen máis de 25 especies en toda Europa, Canadá, Chile e Vietnam.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.