Novo número, o 254, de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

20 Setembro 2024

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos grandes eventos que este outono promoven o emprendemento tecnolóxico. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou a sede do CITIC
– O CITIC prepara a quinta edición de Talentos Inclusivos para o novo curso escolar
– Falamos de 5G con Isidro Fernández de la Calle, director BTB de R
– O CNTG presenta a súa oferta formativa para este curso con 2.540 prazas
– A contratación de Internet medra máis dun 20% nos concellos de menos de 5.000 habitantes
– A finais de ano actívase o estudio inmersivo impulsado pola Deputación da Coruña
– O CPEIG e AMTEGA convocan un concurso para unir cultura galega e tecnoloxía
– Fernando Suárez analiza para Código Cero o desafío europeo da innovación tecnolóxica
– A Xunta aplica robótica e IA en máis de 30 pilotos activos de eAdministración
– Estréanse as probas acordes co modelo europeo para acreditarmos a nosa formación TIC
– O COETG e o AETG celebran unha nova edición da Noite Galega das Telecomunicacións


– O Clúster TIC Galicia xunta en Vigo a investidores e startups (en outubro)
– O emprendemento galego xúntase en setembro en Pontevedra na Pont-Up Store
– Curtocircuíto reinvéntase para explorar os océanos e as novas linguaxes audiovisuais
– Finis terrae reconstrúe virtualmente dous sitios militares romanos da Laracha e Touro
– Valentín García e Lara Meneses entregan os premios da edición 2024 de Lingua de namorar
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Achegámonos ás últimas novidades de Apple nomercado
– Falamos cunha adestradora canina que tira especial proveito da tecnoloxía para a súa actividade.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.