A patronal de Ribeira ponse a disposición do Concello para axilizar os grandes proxectos locais

20 Setembro 2024

No marco do seu incansábel compromiso co progreso e o desenvolvemento de Ribeira, a Asociación de Empresarios local mantivo unha nova reunión de traballo co alcalde Luís Perez Barral na que se analizaron os temas que preocupan á patronal e que esta considera “prioritarios” Por exemplo o empeño de continuar o desenvolvemento do novo polígono industrial, “o cal vai chegando xa á conclusión de todos os trámites administrativos, quedando pendentes detalles para poder pasar á seguinte fase de licitación das obras e comezo das mesmas”, explicou o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude

O presidente tamén recoñeceu que “para nós tamén vital importancia, tamén, que se materialice a variante de Ribeira”. Na xuntanza, lembraron que a día de hoxe estase a finalizar a primeira fase do proxecto e que, co obxectivo de que non se vexa paralizado, o Concello trasladou á Xunta de Galicia o requirimento para que adique os fondos necesarios que dean con continuidade ao proxecto na súa totalidade. A patronal felicitou ao Concello por este compromiso e púxose á disposición da Administración local para facerlle chegar á Xunta o desexo dos empresarios de que “esta obra tan necesaria leve a cabo coa máxima dilixencia”. Así mesmo abordáronse outros temas nos que tanto o Concello como os empresarios comparten interese en que se leven a cabo coas máximas “eficacia e celeridade”, por exemplo a cuestión do novo centro de saúde. O rexedor explicou que foron enviadas varias propostas de emprazamento aos técnicos do SERGAS e que o Goberno local “está á espera de comunicación e resposta ás súas propostas”.

Francisco Martínez Gude, presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.