A OPP83 celebra este venres a III Xornada de Pesca de Ribeira

19 Setembro 2024

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía organiza este venres 20 de setembro unha nova edición da súa Xornada de Pesca de Ribeira e faino coa finalidade de “tratar temáticas de gran interese para o sector pesqueiro”. A cita desenvolverase entre as 10.00 horas e as 14.00 horas na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira porá o foco en diversas cuestións de gran actualidade para a pesca galega como o novo regulamento de control, os problemas de comercialización dos produtos pesqueiros en España, a situación actual da pesca de litoral, a problemática vinculada ás capturas accidentais de cetáceos e as oportunidades de financiamento a través do Fondo Europeo Marítimo para a Pesca e a Acuicultura (FEMPA).

Entre as personalidades participantes na xornada estarán o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares; o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral; e a directora da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Gloria Santalla Quintana.

Tamén participarán como relatores o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Conselleria do Mar da Xunta de Galicia, Antonio Basanta; a directora de FEDEPESCA, María Luisa Álvarez Blanco; a xefa da área de Control da Subdirección Xeral de Vixilancia Pesqueira e Loita Contra a Pesca Ilegal da Secretaría Xeral de Pesca, Cristina Laborda Sánchez; o xefe de Área da Subdirección de Biodiversidade Terrestre e Mariña do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Rafael Centenera Ulecia; e o profesor titular da USC e investigador da área de Economía Aplicada do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).

As persoas interesadas en asistir á III Xornada de Pesca de Ribeira poden inscribirse na páxina web da OPP83. O prazo remata o 18 de setembro ás 23.59 horas.

Esta acción divulgativa forma parte do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) da OPP83, co-financiado polo FEMPA e a Xunta de Galicia.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.