O compostelán Alberto Ramos recibe o XVIII Premio de Narrativa Breve Repsol por “Pirotecnia”

17 Setembro 2024

Este 17 de setembro formalizouse a entrega do galardón do XVIII Premio de Narrativa Breve Repsol ao escritor e xornalista compostelán Alberto Ramos pola súa obra Pirotecnia. Na cita participaron a directora de Repsol Coruña, Natalia Barreiro, o presidente de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, o voceiro do xurado nomeado pola ASociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega, Daniel Ugarte, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, que formou parte do xurado e lembrou que este certame conta co apoio da Xunta de Galicia co fin de “reforzar a creación literaria en galego e promover o uso social da lingua”.

Sobre a novela galardoada, definírona como “unha obra narrada cun estilo impecábel, que conta cunha habelencia polifónica, na que os sucesos relatados van entretecéndose contrapuntísticamente”. En canto a este galardón, a dotación económica ascende a 12.000 euros e, como cada ano, inclúe a publicación da obra gañadora por parte da Editorial Galaxia.

40 novelas participantes

O Premio Narrativa Breve foi creado no ano 2006 e vertebrado de forma conxunta polo complexo industrial Repsol da Coruña e a Xunta de Galicia. No ano 2010, Fundación Repsol toma o relevo do impulso do certame que conta, desde o seu inicio, coa colaboración da Editorial Galaxia e co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Esta última contou con 40 novelas curtas presentadas ao premio que, desde os seus comezos, suma case 600 obras orixinais en lingua galega.

O gañador

Alberto Ramos (Santiago de Compostela, 1986) licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela en 2009. Iniciou a súa traxectoria profesional na sección de cultura no diario Xornal de Galicia. Tras o peche da cabeceira, continuou a súa carreira como colaborador en medios como Praza, Nós Diario ou Luzes e especializouse na comunicación de iniciativas culturais.

Iniciouse na crítica literaria en 2006 con Dor pantasma, título co que acadou o premio Biblos-Pazos de Galicia de novela. En 2009 gañou o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia coa obra Con acuse de recibo. Fíxose co premio de creación literaria Vicente Risco en dúas ocasións: en 2012 con Todos os días e no 2018 con A simetría das bestas.

A súa novela Máscaras rotas para Sebastián Nell foi merecedora do Premio García Barros en 2014. En 2022 publicou Os corpos de Romanov, título galardoado co Premio Narrativa Breve Repsol. En 2023, acadou o premio Rafael Dieste de textos teatrais coa obra Conxo, no restraint.

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.