O Concello de Rianxo instalou un espazo violeta durante das Festas da Guadalupe, co obxectivo de achegar nos días grandes das celebracións (dende o pasado venres) un servizo de seguridade anti-agresións para todas as persoas que o precisen no que se lles proporcionará acompañamento e información. Tamén estará operativo para menores extraviados, segundo fixo saber o Concello. O espazo prestará servizo nas seguintes localizacións: o venres a partir das 23:00 horas, no Cuartel Vello; o luns 16 de setembro, de 18:00 a 23:59 horas, no parque da Martela; e o sábado 21, de 0:00 a 8:00 horas, no Cuartel Vello. Este servizo vai ser posíbel grazas á axuda do Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.




