Avanzan en Outes os traballos de acondicionamento das estradas e melloras nos servizos

10 Setembro 2024

O Concello de Outes achegou neste arrinque de setembro unha relación dos traballos desenvolvidos as pasadas semanas nas parroquias para avanzar en accesibilidade, mobilidade e seguridade nas estradas, e tamén para dar pasos en materia de servizos para a veciñanza e embelecemento.

-Durante o mes de agosto traballouse no adecentamento de diversas contornas do concello con acumulación de contadores e de xeito paulatino iranse saneando máis áreas co mesmo problema estético e funcional, sinalaron fontes do Concello.

-Este verán arrincou un proceso de reparación xeneralizada de fochancas na rede viaria de Outes que irá chegando ao longo das vindeiras semanas ás diferentes parroquias do concello.

-Ademais, o equipo de xardinería e rozas proseguiu co seu labor de limpeza de áreas verdes municipais e tamén de camiños en diferentes puntos do concello.

-Nas últimas semanas tamén se resolveron algúns atascos na rede de saneamento, e comezouse a revisar a rede de pluviais e limpáronse varios rexistros en diferentes rúas.

-A maiores, dende o Concello informaron do desenvolvemento de traballos de mantemento en diferentes edificios municipais, nomeadamente na Piscina, na Escola Infantil e no Colexio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.