Ribeira acollerá a “Ruada do Traxe tradicional Aires de Dorna”

06 Setembro 2024

Este venres tivo lugar a presentación da IV Ruada do traxe tradicional organizado pola asociación “Aires de Dorna”, o acto estará integrado nos festexos de Santa Uxía e terálugar o vindeiro sábado 14 de setembro
Á presentación asistiron: o segundo tenente de Alcalde Francisco Suárez-Puerta, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, a presidenta da Asociación Amas de casa de Ribeira, Puri Cores, Mari Carmen Pardavila e Juana Ermitas da asociación Aires de Dorna.


Entre as novidades de este ano nos encontramos co percorrido con saída da Carpa Municipal, ás 18:30 h por rúa de Galicia ata rotonda de Amas de Casa, avda. Malecón, rúa Romero Ortiz, rúa de Galicia, avda. Rosalía de Castro, rúa Alcalde Fernández Bermúdez, avda. da Constitución e novo Auditorio Municipal onde terá lugar o
Desfile do Traxe.
É a IV edición desta Ruada na que participan 12 agrupacións folclóricas ou tradicionais galegas, tamén haberá 5 postos de artesanía e artigos solidarios no vestíbulo do auditorio municipal. Ao redor de 300 persoas participarán no percorrido polas rúas e o desfile ademais do público asistente.
A concelleira de Cultura puxo en valor a proposta presentada pola concellería de utilizar o novo Auditorio Municipal para facer o desfile do traxe, e endadiu que “é unha actividade que está moi ben acollida porque pon en colaboración entidades da zona que tamén traballan co traxe tradicional” sinalou Antía.
Puri Cores agradeceu o compromiso da concellería de Cultura, a concellería de Festexos, a Servizos Sociais e, como non; ás súas compañeiras de Aires de Dorna “que son as artífices destes actos que se van a realizar na ruada” finalizou Cores.
Mari Carmen Pardavila anunciou que haberá cantareiras, gaiteiros, haberá un traxe que levou varios premios a nivel europeo, tamén fixo un chamamento aos artesáns de Ribeira a participar nesta ruada “para que Ribeira colla sona encanto ao traxe pero tamén a artesanía do municipio”.
Juana Ermitas contiñou cos agradecementos e ampliounos ás socias actuais e ás anteriores polo arduo traballo que se fixo e que se fai para gardar a memoria do traxe en Ribeira e poder amasalo á veciñanza nesta cuarta ruada.
Suárez-Puerta pechou o acto dando os parabéns pola actividade na que se vai a poñer en valor tanto nosa cultura, nosa historia e aos nosos artesáns o vindeiro sábado 14 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.