O espectáculo de contacontos e música A mina contamina represéntase o sábado en Rianxo

20 Febreiro 2020

Ao abeiro do proxecto Montescola, que busca familiarizar ás novas xeracións coa importancia de coidar o medio natural e a biodiversidade (levando a cabo accións concretas como as plantacións colectivas de árbores autóctonas en Froxán, Lousame), vaise celebrar na Biblioteca de Rianxo, este sábado 22 a partir das 12.00 horas, o espectáculo A mina contamina, con Pinga e Lavandeira.

Será unha sesión de contacontos para familias con crianzas a partir dos 6 anos, e acompañada da música do grupo de folk galego Barahunda, que porá a música en vivo contando coa colaboración especial de Tero Rodríguez. A actividade vén da man do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, o Concello de Rianxo, a Universidade das Nações Unidas, a Asociación Cultural Bubela de Abuín e a Plataforma Mina de Touro-O Pino Non.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.