O PSOE advirte dos prexuízos para as arcas municipais do novo canon de SOGAMA, “que afogará aos concellos””

03 Setembro 2024

O secretario xeral da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, Bernardo Fernández, advertiu esta semana do “gran impacto nas arcas municipais, e en consecuencia tamén no recibo da veciñanza”, do incremento do canon de SOGAMA que a Xunta aplicará aos concellos, polo que lle pide “unha rectificación”.

Segundo explicou, “no mes de xuño, a Xunta fixo pública a intención de SOGAMA de suprimir a bonificación do 15% aos concellos que reciclaban de forma correcta”, lembra Fernández, “unha medida que debeu ser un espellismo ou unha febre de medioambientalismo puntual, porque xa no orzamento do 2023 intentaron eliminala non sen polémica”. Lembran tamén que este ano, en xullo, a pesares da oposición da FEGAMP e do Partido Socialista, “suprimiron definitivamente esta bonificación”. Agora, sinalan, “o Goberno galego anuncia un canon único e incrementado para todos os concellos, que no ano 2025 pasará de 66 euros por tonelada a 108 euros”. Todo isto, comenta o secretario xeral, mentres “os ingresos que SOGAMA vai ter no ano 2024 pola venda de enerxía van subir un 81,31% respecto aos do ano 2022”.

Ademais, “o imposto estatal ao que fan referencia para xustificar a decisión non foi creado polo Goberno de Pedro Sanchez, é un imposto derivado dunha Directiva europea do ano 2018 trasposta á lexislación estatal na Lei de residuos do ano 2022, que xa se aplica na maioría dos países europeos”, sinala, engadindo que “as fórmulas que grava este imposto son a incineración e o depósito en vertedoiro, as últimas opcións na xerarquía de xestión de residuos e casualmente son as formas que usa SOGAMA de forma prioritaria”.

Os socialistas piden á Xunta “que rectifique esta decisión e comece a tomarse a política de xestión de residuos en serio, porque imos tarde e non imos cumprir os obxectivos que marca Europa, o que nos vai custar sancións millonarias”, remata Bernardo Fernández.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.